Automóbiles

Pregos

Acceso






Esqueceu o contrasinal?
Esqueceu o nome de usuario?
Presentación PDF Imprimir Correo-e

    Desde hai máis de 50 anos os autobuses e autocares prestan os máis variados servizos nos ámbitos da vida cotiá, e, en Galicia, pola nosa orografía e gran cantidade de poboación, o autocar ten unha enorme importancia no día a día.

    É por iso que máis de 30 empresas do sector do transporte de viaxeiros por estrada se unen para facer un gran grupo: TRAVIBUS, que nace cunha clara vocación do servizo e atención aos nosos clientes.

    En TRAVIBUS, sempre buscamos a excelencia en todo o que facemos, porque desta forma podemos garantir o éxito no resultado. Así conseguimos o que para nós é máis importante: a satisfacción dos nosos clientes.

    Estamos firmemente convencidos de que TRAVIBUS é unha gran aposta de futuro ao servizo do transporte de viaxeiros.